Panadería Toñito

dende 1989

Nacimos nunha panadería artesanal en Cambre. Froito do traballo e a ilusión por facelo cada vez para máis xente, dimos o salto ao produto conxelado para ser enfornado cada día nos puntos de venda.

Grazas á nosa aposta pola I+D podemos distribuir o noso produto a nivel nacional e internacional.

Cantidade de Calidade

Os nosos produtos son como son porque coidamos neles cada detalle.

Porque dende a selección de ingredientes ata que chegan ao punto de venda, comprobamos os procesos, as medidas de seguridade e todos os controis que aseguren que as nosas empanadas chegan de forma segura. Contamos cos mellores proveedores, tanto galegos como nacionais, e unha longa relación con eles, para garantir que contamos cos mellores ingredientes.

Moitas cousas cambiaron en Panadería Toñito, pero mantemos a preocupación pola orixe e a calidade dos produtos ben feitos. Fieis ás nosas receitas orixinais, feitas coma sempre e mantendo os máis altos estándares de calidade e sabor.